Presentación


Desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e a
través da Área de Cultura e Deporte achegámosvos
“TITIRILUCUS 2008”, unha campaña socio-cultural de carácter
lúdico na que se fusionan as técnicas do Teatro infantil coas
do mundo dos Monicreques, e tendo como obxectivo fomentar a
imaxinación e maila relación entre pais e fillos nun espazo
preto do seu universo vital ( casa / colexio).
É por iso, que esta campaña cultural desenvolverase nas
Casas da Cultura e máis nos Colexios de Primaria e Secundaria
de 30 Concellos da Provincia a onde se achegará o traballo e
mailo compromiso de dúas compañías de teatro, como son TEATRO
DO LILO e SPAGUETTI TEATRO de TÍTERES.